Zocas Novas, Creatividade Galega de pés a cabeza

“Zocas Novas, Creatividade Galega de pés a cabeza” nace como un proxecto que ten como fin dar a coñecer a creatividade autóctona a partir da customización dunhas zocas tradicionais da terra. As obras serán mostradas nunha exposición itinerante que viaxará por Madrid, Barcelona e diversos puntos da xeografía galega. Nela reuniranse algunhas das campañas publicitarias realizadas por empresas galegas así como 100 pares de zocas reinterpretadas. Rematado o tempo de exposición, as zocas serán subastadas para adicarse a fins benéficos.

A exposición arrincará o próximo venres 28 de outubro ás 20:00h. na sala Un Chicle en el Tacón de Madrid.

 

Share

Deixa un comentario