Abrimos a convocatoria

Un ano máis, abrimos a convocatoria de CREATIVIDADE GALEGA. O prazo de admisión de traballos finaliza o 24 de setembro.

Envíanos os teus traballos máis creativos e participa na VI edición de Creatividade Galega.

 

> ESTRUTURA

 – Imaxe e aplicacións corporativas (logos, papelerías, sinalética,…)

– Packaging (embalaxes)

– Gráfica xeral (carteis e ilustracións, dípticos e polípticos)

– Gráfica Publicitaria (anuncios en prensa e revistas)

– Exterior (dinámica, estática, mupis, vallas)

– Deseño editorial (libros, revistas, catálogos e publicacións corporativas)

– Deseño interactivo (webs, social, accións interactivas, signage, móbil)

– Audiovisual

– Soportes alternativos

– Campañas

– Autopromocións

– Promesas (alumnos das universidades e escolas de Galicia)

 

A participación é gratuita.

O prazo de recepción de orixinais remata o 24 de setembro de 2012.

 

> REQUISITOS DE PUBLICACIÓN

 

– Os traballos enviados deberán ter sido aprobados, emitidos ou publicados entre o 1 de setembro de 2011 e o 31 de xullo de 2012, excepto aqueles que opten a ser publicados na sección de promesas.

 

– O número máximo de traballos que pode enviar cada empresa será de 10, non poderá haber máis de 3 bodegóns entre os orixinais enviados. Prégase, na medida do posible, evitar a utilización de fondos.

 

– Hai que adxuntar un breve comentario de cada traballo nun espazo máximo de 140 caracteres (isto é, un tweet) e especificar o cliente de cada unha das creatividades.

 

– Os traballos enviaranse en modo CMYK e unha resolución de 300 ppp.

 

– Capturas de pantalla: en CMYK e 300 ppp e utilizando o navegador SAFARI (Macintosh).

 

– Vídeos: Achegar arquivo .avi e un máximo de 8 fotogramas.

 

– Incorporar a seguinte información de utilidade para elaborar o directorio de compañías participantes: dirección, teléfono, fax, enderezo web, correo electrónico, persoa de contacto.

 

– Enviar vía mail toda a información a participa@creatividadegalega.org

 

> QUERES ANUNCIARTE NO ANUARIO?

 

Infórmate das condicións en participa@creatividadegalega.org

 

> ENVÍOS POSTAIS

Jesús Pérez Seoane

Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación

Buzón 68

Universidade de Vigo

Campus de A Xunqueira S/N

36005-Pontevedra

 


Share

Deixa un comentario