CREATIVIDADE GALEGA E MARKEA SÉNTANSE A TRABALLAR

A Asociación da Creatividade Galega xa conta cun novo compañeiro na súa andaina polo sector publicitario. Trátase da Asociación Galega de Marketing (MARKEA), coa que recentemente se asinou un acordo de colaboración.
Gracias a este convenio ambas institucións participarán en actividades de formación, difusión e posta en valor do marketing, da publicidade e da creatividade de Galicia. Dando así máis facilidade e maior avance cara o crecemento deste sector na comunidade.

Deste xeito dáse un paso necesario para a armonización das relacións entre especialistas de marketing e creatividade.

MARKEA, institución de recente fundación, leva a súa área de acción cara o fomento do marketing tanto a nivel social coma educativo.

A Asociación de Creatividade Galega centra a súa actividade en potenciar e establecer unha boa rede de traballo ó redor da creatividade que se realiza en terras galegas.

Share

Deixa un comentario