QUATTRO IDCP. DOUS PREMIOS NA III EDICIÓN DO SMILE FESTIVAL

Unha portada da Revista R e unha campaña de mercadotecnia directa da axencia para promover a nova web corporativa gañan nas categorías de mellor peza gráfica e mellor campaña de mercadotecnia directa e promocional, respectivamente.

Ás veces hai que tomarse a publicidade con sentido do humor… Polo menos ese é o lema do Smile Festival, o Festival Europeo da Publicidade e o Humor, que recoñece cada ano as mellores campañas, anuncios e accións de mercadotecnia que conxugan creatividade, eficacia e sentido do humor.

E esa é tamén a filosofía dos dous traballos de quattro idcp que foron premiados este ano, Fin do mundo (portada 144 da revista mensual do noso cliente R) e Inocentes (quattro idcp), ambos os dous cun mesmo nexo común: E o importante que é de cando en vez rirse dun mesmo?

Así, a portada da Revista R 144, correspondente a xaneiro de 2013, ironiza sobre a fe que ás veces depositamos en feitos inverosímiles…, facendo referencia ás profecías apocalípticas anunciadas polos antigos maias e o xa manido fin do mundo.

Pola súa banda, Inocentes é unha campaña de mercadotecnia directa na que tomamos con humor ese vello dito de que na casa de ferreiro…, coitelo de pau. Así, aproveitando a festividade dos Santos Inocentes, decidimos anunciar aos nosos clientes que, por fin, tiñamos lista a nosa páxina web. E non… non era unha inocentada.

Os dous premios obtidos este ano súmanse aos outros cinco logrados por quattro idcp en anos anteriores, como as campañas Bicho Raro (Banco Pastor) e Eu son de grelos (A Rosaleira – Terras Gauda), premiadas en 2012 e 2011 respectivamente, ou a acción de mercadotecnia directa quattro idcp 4ª tempada, desenvolvida para a inauguración da nova sede da axencia.

¡¡¡PARABÉNS!!!

Máis información:
http://www.flickr.com/photos/quattroidcp/sets/72157632883725419/

www.facebook.com/quattro.idcp

Share

Deixa un comentario