aviso legal

obxecto

A presente páxina Web foi deseñada para dar a coñecer os servizos ofertados por Creatividade Galega con NIF, con domicilio social en: Universidade de Vigo Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación – Campus A Xunqueira s/n 36005 Pontevedra.

propiedade intelectual e industrial

Os dereitos de propiedade intelectual da páxina www.creatividadegalega.org, o seu código fonte, deseño, estruturas de navegación e os distintos elementos nela contidos, son titularidade de Creatividade Galega, a quen corresponde o exercicio exclusivo dos dereitos de explotación dos mesmos en calquera forma e, en especial, os dereitos de reprodución, distribución, comunicación pública e transformación, de acordo coa lexislación española e da Unión Europea aplicable.

contidos

Facilítase a través desta web información acerca de servizos destinados a coñecemento público que en todo caso suxeitaranse aos termos e condicións expresamente detallados en cada momento e que son accesibles desde esta páxina web, os cales suxeitaranse ás distintas disposicións legais de aplicación.

servizo

Creatividade Galega resérvase o dereito de suspender o acceso á súa páxina web, sen previo aviso, de forma discrecional e temporal, por razóns técnicas ou de calquera outra índole, podendo así mesmo modificar unilateralmente tanto as condicións de acceso, como a totalidade ou parte dos contidos nela incluídos.

acceso e uso

Tanto o acceso a esta páxina web, como o uso que poida facerse da información e contidos incluídos na mesma, será da exclusiva responsabilidade de quen o realice.

As condicións de acceso a esta web estarán supeditadas á legalidade vixente e ós principios da boa fe e uso lícito por parte do usuario da mesma, quedando prohibido con carácter xeral calquera tipo de actuación en prexuízo de Creatividade Galega. Considerarase terminantemente prohibido o uso da presente páxina Web con fins ilegais ou non autorizados.

responsabilidade

Creatividade Galega non se fai responsable baixo ningún concepto de ningún tipo de dano que puidesen ocasionar os usuarios á presente páxina web, ou a calquera outra, polo uso ilegal ou indebido da mesma, ou dos contidos e informacións accesibles ou facilitados a través dela.

protección de datos

De conformidade coa Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD), os datos fornecidos polo usuario quedarán incorporados en ficheiros automatizados, os cales serán procesados exclusivamente para a finalidade descrita, segundo se especifique na lenda adxunta a cada formulario. Os datos que se recollerán a través dos formularios correspondentes só conterán os campos imprescindibles para poder prestar o servizo ou información requirida polo usuario. Os datos de carácter persoal serán tratados co grao de protección adecuado, segundo o Real Decreto 994/1999 de 11 de xuño, tomándose as medidas de seguridade necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado por parte de terceiros que o poidan utilizar para finalidades distintas para as que foron solicitados ao Usuario. Como único responsable do ficheiro, Creatividade Galega comprométese ao cumprimento da súa obrigación de segredo dos datos de carácter persoal e do seu deber de gardalos, e adoptará as medidas necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, tendo en conta en todo momento o estado da tecnoloxía.

Finalmente, o usuario poderá exercer os seus dereitos de oposición, acceso, rectificación e cancelación en cumprimento do establecido na LOPD, ou ben para calquera consulta ou comentario persoal a este respecto, sen que en ningún caso este servizo supoña contraprestación algunha. Así mesmo, en cumprimento do artigo 21 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico, Creatividade Galega non enviará por correo electrónico comunicacións publicitarias que non sexan autorizadas polos usuarios.

xerais

Para toda cuestión litixiosa ou que incumba á páxina web de www.creatividadegalega.org, será de aplicación a lexislación española, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co uso desta páxina web, os Xulgados e Tribunais do domicilio do usuario. O acceso á páxina www.creatividadegalega.org implica a aceptación de todas as condicións anteriormente expresadas.

enlaces

Enlaces contidos no sitio web de www.creatividadegalega.org poden dirixir a páxinas web de terceiros. www.creatividadegalega.org non asume ningunha responsabilidade polo contido, informacións ou servizos que puidesen aparecer en devanditos sitios, que terán exclusivamente carácter informativo e que en ningún caso implican relación algunha entre www.creatividadegalega.org  e as persoas ou entidades titulares de tales contidos ou dos sitios onde se atopan.