coñécenos


Creatividade galega é unha organización sen ánimo de lucro que traballa para mellorar a calidade do traballo creativo en Galicia e que busca a unión dos profesionais deste sector en favor da educación e a formación.

1. Somos un colectivo de empresas e profesionais da creatividade publicitaria. Por que un colectivo? Porque representamos a un sector e non intereses particulares.

Por que empresas e profesionais? Porque reúne a todas aquelas persoas que, a título particular ou empresarial, queren pór en valor a creatividade no seu traballo diario. Xunto a eles existe un apartado específico para estudantes, como futuros profesionais do sector.

2. O noso obxectivo é pór en valor a creatividade publicitaria que se fai en Galicia a través de actividades de difusión que lle outorguen presenza e visibilidade ó sector.

3. Apostamos pola profesionalización do sector, para o que desenvolveremos actividades formativas dirixidas a estudantes, profesionais e anunciantes.

4. Estamos comprometidos coa dignificación da creatividade, así como de todos os profesionais dedicados a ela.

5. Buscaremos estreitar as relacións con institucións e anunciantes para promover entre eles unha sensibilidade cara a creatividade publicitaria.

6. Trataremos de establecer as sinerxias necesarias que nos permitan captar recursos que revertan na xeración de riqueza para o sector.

Os órganos de goberno da Asociación da Creatividade Galega son a Asemblea Xeral, a Xunta Directiva, o/a presidente/a, os/as vicepresidentes/as e o/a secretario/a xeral.

A Xunta Directiva é o órgano encargado da dirección, a xestión e a representación da asociación e os seus representantes serán nomeados por un período de tres anos.

A primeira Xunta Directiva é a seguinte:

Nome Cargo
Jesús Pérez Seoane Presidente
Alberto Dafonte Gómez Vicepresidente
Emma Torres Romay Secretaria
Juan Manuel Corbacho Valencia Tesoreiro
Brais Méndez González Vogal
Elisardo de la Cruz García Vogal
Eva Quintas Froufe Vogal
Jacobo Cabeza Rey-Stolle Vogal
Jaime Conde González Vogal
José Fernández Fernández Vogal
José Saavedra Veiga Vogal
Román Romeral Álvarez Vogal
Soledad Arenaza Gomory Vogal

Coa denominación creatividade galega constitúese unha asociación ao amparo da Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, con normas complementarias, con personalidade xurídica e plena capacidade de obrar. Carecendo de animo de lucro, esforzarase en mellorar a calidade do traballo creativo en Galicia e buscará a unión dos profesionais deste sector en favor da educación e a formación.

Podes consultar os estatutos da asociación descargando este documento.
Manual de Identidade