Decálogo
Estas son as nosas regras
1 ● Somos unha asociación de creativ@s e de axencias, cuxo principal obxectivo é mellorar e unir o talento creativo de Galicia. 2 ● O noso traballo é a creatividade: abrir novos camiños non transitados, innovar, sorprender, atraer e convencer. 3 ● A creatividade é o ingrediente básico para a comunicación. Dela depende a súa frescura, o seu atractivo e, por suposto, a súa eficacia. 4 ● Procuramos darlle pulo ao enxeño da actual xeración e formar as xeracións futuras. Traballar en creatividade é ensinar e aprender. 5 ● A nosa misión é elevar os estándares de calidade da actual creativiade galega en tres direccións: cara aos creativos, cara aos anunciantes e cara aos estudantes. 6 ● Buscamos transmitir a clientes e anunciantes a mesma descarga de dopamina que un creativo obtén ao atopar un bo concepto. Non hai campañas de éxito sen clientes de mente aberta e creativos sen limitacións. 7 ● Vale moito máis unha boa idea do que unha mala. E precisan tempo para brillaren. Temos que seguir sendo socios estratéxicos dos anunciantes. Non somos un gasto, somos un investimento. 8 ● Debemos potenciar as ideas por riba de todo. Tanto ten o formato ou o tamaño. O espazo e o tempo cambiaron; o valor das ideas, non. 9 ● Somos profesionais da publicidade e diso vivimos. Calquera mecánica de concurso debe ser transparente e calquera achega de ideas ou tempo debe ser remunerada. 10 ● Querémonos converter na voz das axencias e os profesionais da publicidade galega, abandeirar as súas reivindicacións e saír en defensa de intereses mutuos fronte a asociacións e a institucións públicas ou privadas.

Xunta directiva
Julián Abad – Wise (Presidente)
Santi Romero – Verve CG (Vicepresidente)
Chisco Saavedra – Wise (Secretario-Tesoureiro)
Fátima Carmena – Nasas (Vogal)
Carlos Álvarez – Kindergarten (Vogal)
Alberto Carballido – Novagarda (Vogal)
Domingo Torrón – Reclam (Vogal)
Carlos A. Rodríguez – Duplo (Vogal)
Alberto Garnil – ICON (Vogal)

Julián Abad | Presidente
wise

Santi Romero | Vicepresidente
Verve

Chisco Saavedra | Secretario-Tesoureiro
wise

Fatima Carmena | Vogal
Nasas

Alberto Carballido | Vogal
Novagarda

Domingo Torrón | Vogal
Reclam

Carlos A. Rodríguez | Vogal
Duplo

Carlos Alvarez | Vogal
Kindergarten

Alberto Garnil | Vogal
ICON

A Coruña (19): Bannister Global, Bululú Creativos, Idea Creatividad, Imaxe, Kindergarten, Nasas, Novagarda, quattro idcp, Reclam, Sígaris, Tony Lebrand, Sr. Concejo, Wise, Entremetidos, Voltaxe, Miraveo, Grupo 76, Ahao Studio y Somos ártica SC.
Vigo (14): Canal Uno, Duplo, Ecovigo, Hacce, Koolbrand, Pepe Fernández, Roi Scroll, Taktika, Verve, Publigal, Elemental Chefs, Corre Lola Corre, Chachachá Studio y Freebox.
Santiago (3): Closet, 100×100 comunicación, Tolotola.
Pontevedra (3): ICON, Teiga Studio, Amperbrand.
Ourense (2): Be:Do Creativos y Polinexia.
Lugo (2): Estático y Logaidea.
Ferrol (2): Occidente Comunicación y Empatía Comunicación.
Socios académicos (7): Master en Dirección de Arte Publicitaria de la Universidad de Vigo, Juan Manuel Corbacho, Mónica Valderrama, Emma Torres, Chechu Pérez, Vicente Badenes, Cesuga.
E queremos ser moitas máis.
Vantaxes de ser socio de Creatividade Galega
(profesionais)
(estudantes)